No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería artística

Yawaraka

Jonay Quintana

Ano do proxecto: 

2024

Traballo Fin de Estudos

A cultura tradicional xaponesa destaca en todos os seus aspectos pola delicadeza e minuciosidade: os haiku, a pintura, o paisaxismo, etc. O arte da carpintería non ía ser menos, resaltando pola súa técnica, as súas uniones e a sinxeleza das súas complexísimas pezas.

Este moble, bautizado como Yawaraka, é unha mesa auxiliar que fusiona dous estilos aparentemente antagónicos, tomando como inspiración tanto o refinado estilo xaponés como a artistas de vangardas máis actuais, como é o caso de Gerrit Rietveld de “De Stijl”.

Todo o moble está construído a partir de listóns da mesma sección, de 30 mm x 30 mm; a harmonía entre as distintas pezas lográse mediante ensamblaxes limpos ou ocultos. A mesa adquire a súa singularidade coa incorporación dun kumiko no seu mesado. O kumiko é unha técnica que non usa cravos nin colas, só ensamblaxes precisas para manter xuntas todas as súas pezas, logrando infinidade de patróns xeométricos que se entremezclan formando outros novos.

O mesado elévase sobre un segundo bastidor, otorgándolle unha sensación de levitación e separándoo da estrutura principal da mesa. Este deseño non só realza a estética, senón que confire protagonismo ao kumiko, a xoia da coroa de Yawaraka.

Materiais: faia vaporizada e carballo.

Técnicas: ensambles, kumiko.

Ir á portada de proxectos