No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño de Marca

Our Vision

Andrea Pais Dos Santos

Ano do proxecto: 

2024

Proxecto Fin de Estudos

A identidade visual de Our Vision fundaméntase no contextosocial actual, onde a moda urbana está en pleno auxe. En España,especialmente en cidades como Madrid e Barcelona, a moda urbana viviuun crecemento importante nas últimas décadas, influenciada porfactores económicos, culturais e sociais.

Our Vision busca combinar esta tendencia coa necesidade de aumentar a seguridade peonil nocturna, xa que en España hai unha gran cantidade de accidentes causados pola falta de visibilidade. A diferencia das marcas emerxentes actuais, Our Vision aposta por deseños reflectantes que sigan as tendencias urbanas, mantendo ao mesmo tempo a efectividade dos elementos reflectantes comúns, como os chalecos de seguridade.

O obxectivo da marca foi crear unha marca orixinal e práctica que, ademais de encaixar no mundo da moda urbana, axude a mellorar a vida e a seguridade dos seus consumidores.

Ir á portada de proxectos