Material: Cedro brasileiro, noceira, freixo, sapelly, carballo, castiñeiro e faia.
Sophie Taeuber foi unha das máis importantes figuras dos movementos artísticos de vangarda da primeira metade do século XX. Como deseñadora polifacética, o seu traballo ofrécenos unha linguaxe visual moi forte.
Taeuber é unha mesa auxiliar composta por unha estrutura de cedro de Brasil. Elixido pola súa cor e lixeireza, acompaña a sinxeleza visual da súa forma. O mesado ou sobre, realizouse mediante unha combinación xeométrica a base de 7 tipos de madeira diferentes, aproveitando así a gama cromática que esta nos ofrece.
A mesa foi deseñada inspirándose nas composicións xeométricas de Sophie que, xunto coa súa expresiva utilización da cor, deunos pé a experimentar cos tons da madeira, dando como resultado un interesante catálogo visual.
Doutra banda, combinando o traballo artesán realizado en madeira e a nosa fonte de arte moderna, achegamos unha peza dunha sinxeleza estética que non esconde a complexidade técnica do conxunto.