No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Fotografía

Anna

Tamar Fernández Pereira

Ano do proxecto: 

2022

Proxecto Integrado

ANNA xorde a partir da colaboración comercial coa empresa Ana Mosquera S.L., que conta cunha tenda na zona vella da cidade de Ourense. Traballan con produtos de moda multimarca, e tamén coa súa propia marca: Anna Milittia. Este proxecto ten que ver coa campaña de roupa de festa para o nadal.

O cliente mostraba gran interese por potenciar as vendas e-commerce. Centrámonos pois en perfilar a imaxe que proxectaban na súa web, xa que non representaba adecuadamente os seus valores de marca. Para iso, buscaríamos un conxunto de fotografías que resultasen evocadoras, en lugar de meramente descritivas, resaltando o produto a través do contraste co escenario. Así, comezamos a dar forma ao que sería un primeiro paso cara á renovación do seu concepto de marca, acegándoo á exclusividade e calidade e distanciandoo de termos como cantidade e volatilidade.

Ir á portada de proxectos