No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ilustración

Albino Bambú y el Guardián del Bosque

David Tarrío Pérez

Ano do proxecto: 

2020

Cómic infantil. Xorde da reinterpretación dun traballo realizado previamente, en formato de álbum ilustrado, para a asignatura de proxectos. Técnicas dixitais e tradicionais.

Proxecto dirixido expresamente ao público infantil e xuvenil.

Albino Bambú y el Guardián del Bosque trata da historia dunha familia de tres tigres que viven illados no medio dun bosque de bambú, baixo unha serie de normas que deben cumprir, sendo a máis importante: "Está totalmente prohibido adentrarse no bosque de bambú", para non chegar a ser obxectivo dos posíbeis perigos que axexan no exterior. Un día, Albino Bambú, o noso protagonista, decide romper esta norma e perseguir un sospeitoso personaxe cara ao interior do bosque.

O cómic consta de varios personaxes, entre principais, secundarios e antagonistas. Os máis importantes: Albino Bambú, o noso pequeno protagonista, aventureiro e despreocupado; Bengala Bambú, nai do noso cachorro, traballadora, forte e valente e Maltés Bambú, pai de Albino, mañoso, algo torpe e asustadizo. Cada un da familia representa unha especie distinta de tigre, como ben indican os seus propios nomes.

Ir á portada de proxectos