No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Fotografía

Treboada no mar

Isabel Santos Martínez

Ano do proxecto: 

2022

Proxecto Integrado

Dende que nacín a relación que teño co mar é moi estreita. Son dun pobo pesqueiro, cun pai mariñeiro ao igual co meu avó, tíos ou veciños. As mareas, longos meses onde a espera sempre estaba presente.

O mar era o noso punto de contacto aínda que estivese na outra punta do mundo. Co subir e baixar das ondas parece que podía escoitalo, como cando achegamos unha buguina á orella: pechas os ollos e escoitas o mar.

Vivir onde non hai mar fai que o vote en falta. Espertar, abrir a ventá e non velo, o seu olor… É como se o necesitase, sen el afógome, fáltame o aire, e non podo estar moito sen velo, sen ulilo, sen sentilo, saber que está ahí.

Entrar nun estado de ansiedade que fai que cando fotografo vexa o mar en calquera lugar, en cada árbore, no ceo, nunha botella ou nas luces dunha farola.

Ir á portada de proxectos