Material: Faia.
É unha cadeira de bar que describe unha caixa torácica sostida por catro patas a modo de cabalete. Foi pensada para a cafetería da EASD Antonio Faílde. Formalmente podemos recoñecer as costelas, esterno e columna vertebral, que dan lugar a un moble moi orgánico. Está construída en madeira de faia polas súas propiedades como material resistente, flexible e duradeiro. A súa neutralidade tonal faino apto para todo tipo de espazos, o que a converte nunha cadeira esteticamente moi polivalente. Na parte superior destacan as súas costelas, as cales son pezas macizas que foron dobradas con vapor de auga. O respaldo ten unha inclinación de 9º de amplo apoio e todo o asento está soportado por dous pares de patas en V investida, axustando a unha parella de traveseiros a diferente altura onde o usuario pode acomodarse apoiando os seus pés. Os traveseiros están unidos por un tirante que reforza as patas. Skelington é unha cadeira dinámica como o é o ambiente artístico das escolas de arte e deseño para o que foi deseñada.