Na música, o contrapunto é o xogo das voces que, con independencia e sentido propio, crean en conxunto relacións armónicas entre si.
No moble “CONTRAPUNTO” xúntanse conceptos que, a pesar de que ao principio poidan parecer opostos, forman xuntos un todo armónico: función-estética; materia-desmaterialización; luz-oscuridade; inmobilidade-dinamismo.
Concebido a partir dun volume rectangular, unha xeometría pura e sinxela, séctase en dúas partes formando un vértice que deixa un oco entre elas, desmaterializándose e permitindo a entrada de luz en contraposición á oscuridade do espazo interior.
Construída a estrutura en madeira de arce, dispón sobre ela unha liña central de elementos modulares de nogueira e cerceira con forma de frecha. Alternándose, parten dun costado e recorren a superficie ata o lado oposto, dando a sensación de movemento. Esta taracea rompe coa rigidez da concepción inicial do moble.
As patas manteñen esa forma en frecha, acompañando ao dinamismo da taracea.
A súa función será gardar no seu interior pequenos obxectos, actuando como mesa ou moble auxiliar para unha estancia privada.
Dimensiones: Largo/Ancho/Alto (60 x 30 x 60) cm.
Materiais:
Cuerpo superior: Contrachapado fenólico maple rechapado con madeira natural de arce.
Envolvente: Chapa de arce.
Patas: Madeira maciza de arce.
Taracea: madeira macizade nogal y cerezo.
Técnicas: ensambles e taracea.