O plantexamento da proposta é a creación dun espazo versátil, de encontro e creación no que se farán obradoiros, exposicións, conferencias, ciclos e cursos e que terá unha concept store. Un espazo adaptativo que responda as necesidades culturais da cidade.
O proxecto quere crear este espazo para a xuventude, que como outras iniciativas den vida ao barrio, a Ourense, implicándose en proxectos culturais, sociais e artísticos alonxados dun espíritu snob. Buscamos crear un impacto social a través do deseño e a arte nun espazo aberto a solucións innovadoras e á interacción como solución ao “problema”.
Así pois se parte dun local existente na zona, un tipo de negocio icónico, unha Mercería, para integralo na vida do barrio e deseñar e ofrecer un espazo creativo e social.
Na liña do traballo da arquitecto María Novas e o tamén arquitecto Pablo Sendra, e no marco das propostas da 10ENAD, vese claro coma o punto de partida debe ser ler a cidade. Fomentar esa vida de barrio, tomando este local icónico e crear estratexias que conecten co usuario e, o fagan partícipe.
Se plantexan as seguintes cuestións: redeseñar o espazo existente de xeito modular e integral, crear un sistema que comprenda unha identidade propia e que transmita estes conceptos de diversidade, comunidade, conexión e a partires de ahí, implementar e integrar coa comunidade.
Dirección de proxecto, dirección de arte, deseño gráfico investigación | Tomás Lillo Ortiz
Deseño de Interiores, mobiliario e renders | Eloy Molanes, Xiana Álvarez, Rut Iglesias, Iria García e Marcos López