No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ilustración

Lublo y el bote de pepinillos

Pablo Lamothe Costas

Ano do proxecto: 

2022

Proxecto Integrado

"Lublo y el bote de pepinillos" é un cómic que trata de Lublo, un personaxe de anatomía triangular, que trata de abrir un bote de pepinillos. No seu intento, o bote de pepinillos revelase e comenza unha fuxida. Durante esta persecución, Lublo, vivirá unha serie de aventuras tratando de saciar o seu estómago con deliciosos pepinillos.

Lublo nace a partir dun proxecto de álbum ilustrado basado no humor absurdo. A forza do personaxe fai que o decida recuperar para realizar un novo proxecto de cómic un tanto underground a par que xuvenil, onde se utiliza o humor absurdo para dar orixe a unha aventura sin sentido, facendo así unha crítica divertida hacia a complicación exaxerada das solucións de situación simples. O cómic dividese en distintas situación problemáticas parao personaxe ,no intento de recuperar o seu aperitivo do día, que se volven cómicas polas rebuscadas resolucións as que chega o personaxe.

Trátase dunha divertida aventura da que podemos disfrutar sen profundizar na crítica da estupidez que se propon ao largo do cómic. Estéticamente tamén trata de ser gracioso utilizando así un debuxo simple pero recargado de tramas e texturas diferentes que lle den vida a imaxe. O personaxe principal, Lublo, trata de ser un personaxe torpe, creativo e estúpido que de lugar as ideas máis extravagantes posibles a partir de problemáticas simples. O argumento do cómic en si é unha excusa para que o protagonista poida ter momentos graciosos e os "sketches" dos que xa falamos. Así pois en canto a estructura falaríamos de que está dividido en escenasque a única relación que gardan entre si é a excusa da búsqueda dos pepinillos.

Ir á portada de proxectos