No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ilustración

Historias de Retrete

Moncho Bene

Ano do proxecto: 

2021

Traballo Fin de Estudos

"Historias de Retrete: A meirande boñiga de merda en formato banda deseñada que poderás atopar dende A Guarda ata Xinzo de Limia."

Trátase dun recopilatorio de historias curtas nas que se atopan as desventuras do protagonista W.C. Johnson, o cal; en diversos frenesís incontrolábeis de testosterona atopa a maneira de sementar o caos alá por onde pasa. Por outra banda, temos os "Moncho·Bene": pequenas historias de autoficción semibiográfica nas que dramatizamos a nosa vida nun piso de estudantes en Ourense, coa presenza do iniguálabel Spider-plátano.

Orixinalmente ía ser un recopilatorio de historietas independentes que iamos presentar a certos concursos. Pero despois de que unha persoa asiática completamente respectable decidira saborear a deliciosa carne dun inocente quiróptero tamén completamente respectable, un western, un bigote e unha carallada a golpe de mércores sen saír da casa, enxendramos ao maior papafilloas fazañeiro dende Torroso ata á antiga Stalingrado.

(Por certo, sabemos que a COVID-19 non empezou así)

Con iso e un porrón de horas e as que nos quedan por investir nesta trepidante montaña rusa sen subidas que é a profesión de debuxante de cómics, presentamos o noso primeiro álbum de banda deseñada: Historias de Retrete.

Ir á portada de proxectos