Renovación con memoria, ese é o motivo deste proxecto. Darlle unha nova vida a un edificio que hai moito tempo xa perdeu a sua.
Revivir este edificio, unha antiga fábrica de conservas, pero aproveitando o seu actual estado de ruína, que nos axude a lembrar o trato que se lle deu ata o de agora.
Cun uso e cunha interpretación diferente ao que tivo outrora, pero sen esquecernos do pasado a través de pequenos guiños.
Crear un espazo que se adapte e aproveite a situación xeográfica na que se atopa.
Ao mesmo tempo, este proxecto trata de introducir o pádel en Cangas, un deporte elegante, sinxelo e divertido que hoxe en día non dispón de ningún espazo no que desfrutalo.
A execución desta idea levarase a cabo a través dunha “caixa de vidro” que se levante entre os muros existentes, creando un novo edificio que xorde do interior das ruínas.
As dúas cubertas que se atopan ao norte (así como a cuberta da segunda planta) serán substituídas, pero manterán a mesma tipoloxía. Mentres que as cubertas "sur", que están en moi mal estado, serán eliminadas por completo. Aquí é onde crearemos a "caixa de vidro". Colocarase unha cuberta de vidro laminado temperado que permita o paso da luz, pero de forma controlada. Na fachada sur integrarase unha vidreira que permita a visión cara á ría de Vigo, ademais de deixar ver a pista del pádel dende o exteror.
O interior da nave está disposto en base á pista de pádel, que necesita situarse de xeito perpendicular ao eixo Norte/Sur, para evitar o deslumbramento dos xogadores. Os espazos organizaranse en “cubos” con esquinas curvas, emulando as latas de conserva.