No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería Artística

Mesa U

Carmen Muñiz Blanco

Ano do proxecto: 

2021

Traballo Fin de Estudos

Materiais: Taboleiro fenólico e chapa de carballo.

“Non teñas nada na túa casa que non saibas que é útil ou que non consideres belo”, de William Morris.

Este principio cúmprese na solución sinxela e práctica da mesa U; beleza e funcionalidade.

O deseño aberto crea un xogo de volumes permeable á luz natural. As suaves curvas das tres pezas que a compoñen, dan esa estética do livián, dada pola carencia de arestas, a sinxeleza das súas liñas e a continuidade das súas formas. Esa sinxeleza oculta unha técnica e elaboración artesanal moi minuciosa. O acabado é en chapa de carballo, tratada con verniz satinado, que mostra a súa cor e vetado característico.

A mesa está constituída por tres aneis de madeira que se abrazan entre si. O segundo anel é móbil, o que nos permitirá dividir o mesado en función do momento. O mesmo deseño poderíanos permitir diferentes combinacións segundo as dimensións e colocación dos tres aneis, dándonos distintas posibilidades o que dá unha peza que se adapta ás necesidades do usuario.

Ir á portada de proxectos