Sobre o Punto Laranxa
Punto Laranxa contra o acoso escolar:
O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso non centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.
Como funciona o Punto Laranxa?
Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo:
1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a
2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro.
3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu centro.