Presentación
A Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia, ten unha implicación clara e un compromiso definido coa calidade, como se describe na nosa Misión, Visión e Valores.
A Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia, da que forma parte a EASD Antonio Faílde, obtivo en maio de 2019 o certificado de calidade ER-0225/2019, ISO 9001, da axencia AENOR, un selo que acredita a consolidación dun sistema de xestión de calidade nas escolas que integran a rede. O certificado é ademais un recoñecemento á excelencia das ensinanzas que imparten e á formación artística dos futuros profesionais das artes plásticas e deseño. Ademáis o Título de grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño da rede de EASDs de Galicia está sometido á avaliación da ACSUG, Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, membro da ENQUA, European Asociation for Quality Assurance in High Education.
Política de Calidade
Manual de Calidade
Xestión de Calidade
Aula virtual
Departamento de Calidade
DEPARTAMENTO DE CALIDADE E PROMOCIÓN DAS ENSINANZAS
A estratexia da calidade
A Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Antonio Faílde de Ourense, como centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, está comprometida con garantir a calidade e promover a excelencia na sua oferta formativa, tal e como se recolle no Reglamento Orgánico de Centro (ROC).
Nestes momentos a EASD está traballando, xunto as outras tres EASD de Galicia, no deseño e progresiva implantación dun Sistema de Xestión de Calidade (SXC) de acordo coa normativa ISO, que será común aos catro centros e que dará lugar a Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia. Este SXC comenza a implantarse ao longo do curso académico 2017/2018 e, a partir de ahí, tal e como se establece no ROC, a EASD pasará avaliacións internas e externas destinadas a pescudar o nivel de logros do centro, de acordo cos requerimentos sociais de formación nas Ensinanzas Artísticas Profesionais (EE.AA.PP.) e nos Estudos Superiores (EE. SS.). A información obtida nestes procesos deberá servir para ratificar, modificar ou substituir calquer elemento que incida no procedemento de ensino e aprendizaxe, sempre co obxectivo de mellorar a calidade da oferta formativa e a mellor inserción social e laboral do noso alumnado.
Por outra banda, os Estudos Superiores de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores están suxeitos ao convenio firmado en novembro de 2014 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), polo cal deberán adaptar unha serie de protocolos e liñas de actuación ao establecido na Guía para o seguimento das titulacións superiores de ensinanzas artísticas, deseñada pola ACSUG. Este proceso de axuste e mellora deberá rematar, nos vindeiros anos, na acreditación destas ensinanzas superiores.
O Departamento de Calidade e Promoción das Ensinanzas é o organo colexiado responsable de deseñar e implantar os procedementos de calidade e mellora continua, ademais de dirixir e coordinar as auditorias internas e externas e outra serie de tarefas que se recollen no Artigo 26 do ROC.
Ademais, a Área de Calidade e Promoción das Ensinanzas é unha das tres Áreas Funcionais da EASD e ten a responsabilidade directa na xestión da calidade, na promoción das ensinanzas, na formación do profesorado, nos programas internacionais e na relación con empresas, estudos ou talleres. Esta área está baixo a coordinación da vicedirección da escola.
A Xefa do Departamento de Calidade (DCPE) é Carmen Fernández González.
A Vicedirectora e responsable da Área de Calidade e promoción das ensinanzas é Lola Peláez Rivero: lolapelaez@edu.xunta.gal
As funcións do Departamento:
ROC- Decreto 61/2011 de 24 de marzo de 2011 – Artigo 26º
Departamento de calidade e promoción das ensinanzas:
1. O departamento de calidade e promoción das ensinanzas estará composto polas xefaturas dos departamentos da escola.
2. Dentro deste departamento incluiranse as figuras dos coordinadores ou das coordinadoras de formación do profesorado, de tecnoloxía da información e da comunicación (TIC), de biblioteca e de programas internacionais.
3. Son competencias deste departamento:
a) Deseñar e implantar os procedementos do plan de xestión de calidade e mellora continua, garantindo o seu desenvolvemento e o seu mantemento no funcionamento da escola.
b) Dirixir e coordinar as auditorías internas ou externas en función do establecido no plan de xestión de calidade.
c) Dirixir e coordinar as actividades referidas á innovación educativa e tecnolóxica, así como proxectos de investigación, e a súa transferencia nos procesos empresariais e nas súas aplicacións didácticas.
d) Realizar o seguimento do plan de actividades de formación do profesorado.
e) Organizar o mantemento do equipamento do centro relacionado coas tecnoloxías da información.
f) Elaborar a programación do departamento e a memoria que avalíe todas as actuacións, coas correspondentes propostas de mellora de cara ao futuro.
g) Aqueloutras funcións que a consellería competente ou a dirección do centro lle poidan asignar.
INTREGRANTES
Xefa do Dpto. Calidade
Carmen Fernández González
Xefe Dpto. Gráfico
Antonio Ferreiro Rodríguez
Xefe Dpto. Interiores
Fco. Javier Rodríguez López
Xefa Dpto. Produto
Ofelia Cardo Cañizares
Xefe Dpto. FPCGeAV
Miguel Mantilla González
Xefe Dpto. Relación con empresas
Armando García Ferreiro
Coordinación Formación do Profesorado
José Manuel Taboada Beato
Coordinación Programas Internacionais
Marta Cousiño Gómez
mcousinho@edu.xunta.gal
Coordinación TIC
Álvaro Blanco Vázquez
Coordinación Biblioteca
Monserrat Gómez Bravo
Normas de organización e funcionamento
Enquisa de avaliación EASD