ACCESO A TITULACIÓN DE FOTOGRAFÍA
ACCESO E ADMISIÓN
Probas de acceso
FAQS
INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO
Podo inscribirme na EASD Antonio Faílde se non teño Selectividade?
Si. Para o acceso aos Estudos Superiores de Deseño non é requisito ter realizadas nen superadas as probas de Selectividade, xa que o acceso a ditas Ensinanzas realízase a través dunha proba de acceso específica.
Se non teño aínda o bacharelato aprobado pero vou aprobar na convocatoria extraordinaria, podo acceder a estudar un Ciclo Superior o vindeiro curso?
Si. Ao facer a solicitude de inscrició marcarás a opción: “Pendente o Título de Bacharelato”. Unha vez superado, deberás aportar a documentación na Secretaría da Escola antes de realizar as probas. Recomendación: no caso de que non esteas seguro/a de aprobar, tamén podes facer as probas de madureza.
Se non teño o título de Bacharelato, nen o vou ter, podo acceder a estudar Ciclo Superior o vindeiro curso?
Si. Se tes máis de 19 anos ou os cumpres neste ano, tes que inscribirte (no prazo establecido cando se publique a convocatoria) para facer as probas de madureza.
Se xa aprobei a proba de madureza en cursos anteriores, teño que volver facela?
Non. O certificado de ter superado a proba de madureza é válido para sempre; terás que entregar fotocopia cotexada no momento de facer a inscrición. Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría te cotexan as fotocopias para entregar.
Se teño aprobada a proba de acceso en convocatorias anteriores, teño que repetir a proba este curso?
Si, as probas so teñen validez para a convocatoria do curso no que se convocan. Aínda que teñas a proba aprobada doutros anos, tes que inscribirte de novo e repetila.
Onde teño que facer a inscrición ás probas de acceso?
A inscrición farase telemáticamente ou na Secretaría da Escola elixida en primeira ou única opción. Se queres estudar Fotografía, Ilustración ou Ebanistería Artística, terás que entregar a solicitude de inscrición na Secretaría ou no correo electrónico da EASD Antonio Faílde no prazo establecido cando se publique a convocatoria de acceso.
Podo facer a inscrición por internet?
Si, a través da aplicación CodexPro cuxa ligazón se facilitará na páxina web da Escola. A solicitude entregarase na Secretaría da EASD Antonio Faílde, xunto coa documentación que proceda ou remitirase ao correo electrónico da escola.
Que documentación hai que presentar ao facer a inscrición?
• Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte
• Fotocopia cotexada da documentación acreditativa que corresponda (por exemplo: Título de bacharelato, ou certificación académica en que conste o depósito do título; título de técnico superior de artes plásticas e deseño e certificación académica..). Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría cotexan as fotocopias para entregar.
• Certificado de proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
• Certificado de ter superado a proba de madurez para maiores de 19 anos en convocatoria anterior.
Que título fai falta para poder optar ao acceso directo a un Ciclo Superior?
Podes ter acceso directo cos seguintes títulos:
• Título de bacharelato de Artes ou Bacharelato artístico experimental
• Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo ao que se pretende acceder, como por exemplo os títulos de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía, Ilustración e Ebanistería Artística que se imparten na Escola.
• Título Superior en artes plásticas, en deseño ou en conservación e restauración de bens culturais.
• Título de arquitecto, licenciatura en Belas Artes ou título de enxeñeiro técnico industrial.
• Experiencia Laboral de polo menos 1 ano.
Se solicito o acceso directo, iso quere dicir que xa obteño praza?
Non. Soamente se ofertan un 50% das prazas para os que optan polo acceso directo. Nos Ciclos Superiores de Ilustración, Fotografía e Ebanistería Artística ofértanse 30 prazas de novo ingreso en cada unha. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, o criterio de adxudicación, será en función da titulación alegada e da nota final do expediente académico.
Se non teño decidida a especialidade, podo facer as probas e logo escoller?
Non, as probas de acceso específicas son diferentes en función da familia profesional que se quere estudar.
REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO
Cando me podo inscribir para facer as probas de acceso?
Non hai unha data fixa. Cada ano publícase a convocatoria na que se recollen as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás EEAAPP de Deseño para o seguinte curso. Nesta convocatoria elaborase un calendario coas data límite para facer a inscrición e as datas de publicación de aspirantes admitidos.
Cando se fan as probas de acceso?
Na convocatoria de acceso xa ven indicada a data de realización das probas, de comunicación de cualificacións e de reclamacións. Como data aproximada, adoitan ser cara finais de xuño ou principios de xullo.
Onde van a ser as probas de acceso?
O lugar de realización publícase na convocatoria, aínda que polo xeral, adoitan ser na EASD Mestre Mateo en Santiago.
Hai temario ou bibliografía para preparar as probas?
Non, pero podes descargar os modelos de probas de cursos anteriores nos seguintes enlaces:
Descargar Modelos de probas substitutivas do título de Bacharelato 2020 (Probas de madureza. Bacharelato)
Descargar Modelo de Exame Acceso EEAAPP 2020: Proba específica
Descargar modelos para as probas de acceso