MATRICULACIÓN EN FOTOGRAFÍA
MATRICULACIÓNS
O que precisas saber
Si, tes que facer a matrícula na Secretaría da Escola na que obtiveches a praza, no prazo establecido na convocatoria de acceso e admisión do alumnado ás EEAAPP de Deseño para o seguinte curso.
Si, se as persoas que obtiveron praza non formalizan a matrícula en Secretaría, publicarase una nova lista de persoas que acadan praza e ábrese un novo prazo para que esas persoas se matriculen e así sucesivamente ata completar tódalas prazas ofertadas.
A matrícula nos Ciclos Superiores é gratuíta. No caso de ser menor de 28 anos, hai que abonar o importe do seguro escolar, que o curso pasado tiña un importe de 1.12€. No momento de formalizar a matrícula, deberás aportar 3 fotografías tamaño carné.
A matrícula de novo alumnado realízase nos prazos estipulados na instrucións de acceso e admisión correspondente a cada curso académico. Habitualmente realízase na segunda quincena de xullo e, caso houber adxudicación extraordinaria de prazas, na primeira semana de setembro. A matrícula para antigo alumnado será na primeira primeira quincena de xullo.
Sí se é por causa xustificada (enfermidade prolongada, deberes familiares, incorporación a un posto de traballo) poderás renunciar á matrícula, por unha soa vez, dirixindo unha solicitude á Dirección da Escola cunha antelación mínima de dous meses á avaliación final dos módulos nos que estiveses matriculado.
A solicitude deberá ir acompañada de documentación acreditativa que xustifique tal renuncia. Se a Dirección acepta a renuncia, iso NON IMPLICARÁ RESERVA DE PRAZA PARA O SEGUINTE CURSO, de tal forma que se desexas reincorporarte a estes estudos deberás someterte a un novo proceso de admisión.
Unha vez iniciado o curso e antes do 31 de outubro se hai unha falta de asistencia continuada de dúas semanas, e tras requerimento escrito o/a alumno/a, este/a non se incorpora nun prazo máximo de 3 días. A/s vacante/s resultante/s será/n cuberta/s polo alumnado en lista de espera.
A partir do 31 de outubro e até o final do curso, a Escola poderá realizar baixas de oficio do alumnado que deixe de asistir a clase sen xustificación de forma continuada durante 25 días lectivos, ou 35 días lectivos se é de forma descontinua.
Si, sempre que a lista de espera se corresponde co tipo de vacante. Por exemplo; en 1º curso, a anulación de matrícula de alumnado repetidor non xenera vacante a cubrir pola lista de espera das probas de acceso. As baixas de oficio ou renuncias posteriores ao 31 de outubro non xeneran vacantes.
A solicitude, dirixida á Dirección Xeral de Educación, debe presentarse na secretaría da escola no prazo máximo de 1 mes iniciado o curso e a Dirección Xeral resolve no prazo máximo de 3 meses desde que recibe a documentación.Os estudos recoñecidos non poderán superar o 60 por 100 dos créditos do plan de estudos ou do currículo do título que se pretende cursar.
Ao rematar os estudos acádase a titulación de Técnico Superior.
Non, incluso entre especialidades pertencentes á mesma familia profesional con proba de acceso común. Se queres cambiar de especialidade deberás presentarte a unha nova proba de acceso específica e, se for o caso, solicitar na fase de matrícula a validación de algúns módulos superados na antiga especialidade.
Si. A beca hai que tramitala directamente dende a páxina web do Ministerio de Educación. No momento de facer a matrícula, deberás indicar se a solicitaches.
A Beca tes que tramitala directamente desde a páxina web do Ministerio de Educación. No momento de facer a matrícula, deberás indicar se a solicitaches, e unha vez que saia a resolución coa concesión ou denegación, deberás informar á Secretaría da Escola. Debes ler con atención a normativa relativa ás Becas, é a túa responsabilidade; prazos de tramitación, requisitos académicos respecto ao número mínimo de créditos nos que debes estar matriculado/a, se son computables os créditos das disciplinas recoñecidas ou convalidadas, etc…
Si. Para rematar os Estudos hai que presentar un Proxecto Integrado.
Debes ter todos os módulos aprobados agás a Formación Práctica en Empresas.Excepcionalmente a xefa de estudos poderá autorizarche a realización do PI con módulos suspensos sempre que a suma dos créditos ECTS non sexa superior a 18 e se teñan superados os módulos de Proxectos.
Si, aínda que sexa a convocatoria extraordinaria correspondente á matrícula do curso anterior, a nova matrícula é precisa para a xestión dos procedementos administrativos implicados.
Si. No 2º curso, está prevista a realización da Formación en Centros de Traballo cunha carga horaria de 150. A Escola ten establecidos convenios con diversas empresas que acollen ao alumnado en prácticas. E tamén podes propor a empresa na que queres facer as prácticas e a Escola elabora o convenio correspondente.
Debes ter todos os módulos aprobados agás o Proxecto Integrado. Excepcionalmente a xefa de estudos poderá autorizarche a realización das PE con módulos suspensos sempre que a suma dos créditos ECTS non sexa superior a 18.
Si, poderá ser total ou parcial e sempre que se acredite unha experiencia laboral de, polo menos, un ano nun campo profesional directamente relacionado co do ciclo formativo de grao superior correspondente.