Presentación
No transcurso da súa preparación o/o ilustrador/a recibe os fundamentos técnicos, artísticos e estilísticos que lle permitirán interpretar un concepto e traducilo gráficamente mediante a solución que mellor se adapte ao perfil do proxecto.
A formación do alumnado da especialidade oriéntase ao exercicio da súa actividade profesional no ámbito público ou privado, en em¬presas relacionadas coa comunicación e a ilustración: axencias de publicidade, editoriais e estudios de deseño, prensa, televisión ou noutras empresas ou institucións que o requiran como parte dun equipo de traballo, ou ben actuando como profesional autónomo/a.