Presentación
Os estudos de ebanistería dotan ao alumno dos coñecementos necesarios para desenvolver o seu labor profesional no ámbito da restauración, o mobiliario ou na artesanía da madeira.
No seu proceso de formación, o ebanista edúcase no rigor técnico e a sensibilidade plástica para construír e elaborar mobiliario e pezas de calidade técnica e artística, a partir do propio proxecto ou dun encargo profesional determinado. E tamén colaborar co conservador restaurador para a restauración de elementos de ebanistería artística, a partir das instrucións e/ou documentación elaborada por conservadores restauradores de bens culturais.