Outgoing / Saída
O intercambio de Profesorado da EASD Antonio Faílde con outras institucións, deberá celebrarse nos momentos que existan vacantes e convocatorias para facer ditos intercambios. Nestas convocatorias, o profesorado aspirante deberá cumprimentar a documentación requerida.
Os impresos obrigatorios das convocatorias serán o Modelo de solicitude e unha proposta de traballo, que poderán atopar nos enllaces que se amosan a continuación. Nas convocatorias se poderán solicitar algunha documentación a maiores, como unha carta de convite da escola a que se pretende acudir…
Unha vez feita a resolución das convocatorias, os participantes seleccionados, deberán cumprimentar outros impresos obrigatorios que tamén se atopan nos enlaces inferiores.