No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería artística

PALIKE

Xan Losada

Ano do proxecto: 

2024

Traballo Fin de Estudos

PALIKE é unha mesa auxiliar, conformada por multitude de “paos”. Unha mesa para pousar o libro que estamos a ler, bebidas ou un prato para picar. Sentámonos ao seu redor para conversar sobre algo importante, ou simplemente, para estar de palique, desfrutando da compaña.

A súa particularidade é que o mesado está constituído por un KUMIKO. Esta técnica xaponesa consiste en encaixar listóns nas celas dun bastidor construído a media madeira, creando figuras xeométricas coa repetición dun padrón.

Neste caso está conformado por rectángulos e as pezas, colocadas en diagonal, van deseñando rombos. Na liña central destes emprégase unha madeira diferente para dotalo de maior dinamismo.

Empregáronse dúas clases de madeira, pradairo e nogueira do país, madeiras clara e escura, respectivamente.

As liñas rectas e a repetición modular condicionaron un deseño austero e limpo, que centrara a atención sobre o kumiko.

Na parte superior incorpora un vidro para facelo máis funcional.

PALIKE, é unha mesa auxiliar que procura o equilibrio, a esvelteza e a serenidade.

Materiais:  madeiras de Pradairo e Nogueira do país.

Técnicas: kumiko, ensambles, Filetes.

Ir á portada de proxectos