Perforamos papel de aluminio cun alfinete e, ao ollar ao través do burato, atopamos un mundo de soños: o primeiro proxecto do alumnado de fotografía mergullounos no onírico, e así foi como viaxamos polas súas fantasías, medos e recordos.
Achegámonos aos inicios da fotografía, á “cámara escura”, onde a ausencia de lente obriga a movernos nun mundo fora de foco. Collemos unha limitación técnica e xogamos a convertela nunha vantaxe estética. Agora podedes ver unha mostra do que atopamos.
Un traballo de:
Roi Cruz, Manuel Doval, Sofía Estévez, Uxía Fernández, Érika Gómez, Natalia Artunduaga, Miriam Matos, Alba Peña, Alba Chan, Lucía Sánchez e Paula Virulegio, coordinados por Miguel Álvarez Fernández.