No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Fotografía

Recoñecerse

Paula Virulegio

Ano do proxecto: 

2024

Traballo Fin de estudos

Dende cativa sempre tiven un grande interese polo auto-coñecemento e a reflexión;  autorretratarme é un xeito de exteriorizalo é así abordar o abandono, a sensación de insuficiencia e o amor propio. Un xogo entre o corpo e o espazo que ocupa.

Elaborei un libro de artista onde conxuguei imaxes desbotadas do arquivo familia, ben por un erro técnico, pola súa funcionalidade puntual ou sinxelamente porque foron esquecidas ata ser atopadas no fondo dunha caixa (as imaxes sen marco; tamén sen espazo no álbum) con imaxes do meu propio corpo. Autorretratos teatrais onde a miña presenza se atopa nun espazo inacabado e esquecido.

Este conxunto de imaxes pasou a formar parte das páxinas dun libro de xeografía e historia do ano 1969. Deteriorado polo paso dos anos, con dobreces, roturas e fronteiras a día de hoxe inexistentes.

Obxectos inútiles que conservamos por un apego sen lóxica.

Instagram: @solovirulegio

Ir á portada de proxectos