Neura é un proxecto de poemario experimental que se pretende elaborar a través dunha linguaxe gráfica. Sendo construído a través da tipografía experimental, fotografía e diversos elementos gráficos.
A literatura pode ser parte do concepto xerador no desenvolvemento dos proxectos de deseño gráfico que transcenden o ámbito editorial.
E da mesma forma, por ao deseño a servizo da poética e salientar o sentido das palabras.
Neura aspira a ser un libro de poesía visual en galego que abra un campo novo na poética galega.
A idea principal é crear un libro obxecto que implique ao seu público. Un cóctel de estímulos visuais que lle active os sentidos e así enfatizar as sensacións que producen os poemas.
Ao ser un xénero intermedio entre as artes gráficas e literatura ademais de contar historias, incorpora a imaxinación ao proceso de percepción, invitando ao público a viaxar un pouco máis alá do “evidente”, a volver a vista. Un factor clave para interpretar un poema visual é a capacidade expresiva e representativa da imaxe en sí. Non son os ollos os que ven, senón o cerebro que interpreta.
Instagram: petite_toria