No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Fotografía

Dolores

Paula Sanchoyerto

Ano do proxecto: 

2024

Traballo Fin de estudos

“Alzhéimer: subst. Masc. Enfermidade dexenerativa do sistema nervioso central con demencia progresiva, que comeza habitualmente despois da etapa media da vida.”

Dolores é o nome da protagonista desta historia. Unha muller que un día deixou de saber en que data vivía, que esqueceu alimentar ao can ata que morreu de fame ou que xa non lembra como cociñar sen queimar as potas. Imaxes da dureza das consecuencias que esta enfermidade ocasiona na vida de quen a sofre.

Este proxecto de Paula Sanchoyerto indaga sobre como a enfermidade afectou a súa tía ata permanecer illada da realidade. Unha investigación sobre o paso do tempo, a soidade e as enfermidades mentais que alterna imaxes dos elementos encontrados na casa que habitaba con imaxes de arquivo para rematar construído como “libro de artista”.

Ir á portada de proxectos