“Así como o vagalume é xeradora e portadora da súa propia luz, e ilumina con ela o seu camiño, nós portamos o poder da cura e a sanación brillando no noso interior.”
Vagalume é unha marca de fitocosmética curativa de Cataluña. Este proxecto promove un estilo de vida respectuoso cara a nós mesmos e a nosa contorna, mantendo vivos saberes ancestrais sobre as plantas e as súas propiedades medicinais. Ademais da autoxestión da saúde, convidando a ser máis conscientes dos procesos propios e máis responsables do noso propio benestar e equilibrio.
A marca precisaba unha identidade visual que recollese os seus valores. Debía ser aplicable a unha tenda online na que comercializar os seus produtos medicinais artesáns e onde promocionar os cursos presenciais que imparten, nos cales se discute a autoxestión da saúde e se comparten coñecementos sobre a preparación de remedios en casa.