OBXETIVO DO PROXECTO
Deseñar un espazo no que almacenar todos os elementos divulgativos do Entroido de Viana do Bolo, un municipio galego situado no leste da provincia de Ourense.
O Entrudio forma parte dunha cultura tradicional, a transmisión de rituais e saberes produciuse de xeración en xeración a través da oralidade.
O Obxecto principal é a aprendizaxe daqueles que queiran desfrutar desta gran tradición, onde os maiores da vila e da contorna ensinen aos máis cativos a confeccionar máscaras e traxes de Boteiro nun edificio que foi sede da Casa do concello ata o seu traslado á sede actual, realizada fai uns 100 anos. Un edificio dun formato rectangular, proporcionalmente moi logo de 3 plantas, con varios niveis no seu interior que se encontra construído nunha praza cunha pendente moi pronunciada
CONCEPTO
Relacionase o ritual do Entrudio, personaxes e elementos directamente co edificio.
Centrándose especialmente na creación de talleres para a elaboración de traxes e máscaras
Debe ser un espazo aberto, xa que o ritual do folión sempre se fai a ceo aberto e el lugares públicos, polo que se busca unha amplitude visual e sensacional.
Xogase coas alturas nas diferentes plantas, creando sensación de dinamización e atracción dos espazos, proporcionando relación entre a profundidade do edificio e a altura, que sementará unha inquietude no visitante de recorrer e investigar todos os ocos do edificio; facendo tamén así, referencia á esvelteza da persoa vestida de Boteiro.
Empregarase unha interpretación dun dos elementos fundamentais no traxe de boteiro como a Monca, un instrumento de madeira maciza de sección circular que empregan para saltar, apoiarse e abrir paso ante a xente creando unha barreira, un límite.
Levarase esta barreira ao espazo que axudará a crear limitacións de espazos, que mesturados con outros materiais, permitan pasar a luz dun espazo ao outro e a interacción entre visitantes/usuarios a través delas en todas as plantas do edificio;
Con estas limitacións conseguiremos: 2 talleres, un de elaboración de máscaras e outro de confección de traxes, nos que se centrará a actividade de todo o edificio; 1 sala de exposicións, recepción e unha cafetería, ademais de aseos, lavabos, comunicacións verticais (ascensor e escaleiras) e almacén...
Relacionaranse o fulión e outras partes do traxe do Boteiro para crear elementos de mobiliario, conseguindo unha identificación ou conexión directa coa festividade.
Agradecemento especial a David Álvarez, Ilustrador.