No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería Artística

Escritorio OVAL

Carmen Muñiz

Ano do proxecto: 

2022

Proxecto integrado

Materiais: Carballo, Noceira e  tablero contrachapado de carballo.

Trátase dun escritorio para traballar e almacenar, que pode encaixar en distintas estancias.

O deseño deste moble mestura calidez e funcionalidade.

A prevalencia das liñas curvas e formas redondeadas enlaza co auxe do deseño orgánico e ergonómico.

As formas curvas resultan moito máis amables tanto ao ollo como ao tacto e achegan delicadeza e elegancia, creando un ambiente acolledor.

As pezas curvas realízanse no torno nunha peza única que logo dividimos en 4 pezas iguais.

O emprego de distintas madeiras, carballo e nogueira, achéganos unha mestura de cores.

O moble elévase a través das súas patas inclinadas creando un espazo aberto. A potencia das súas patas, á súa vez, outorga un certo aire de sofisticación e elegancia atemporal.

Ir á portada de proxectos