Rectuk é unha mesa de centro composta por tres madeiras: roble, cedro e zebrano. O mesado realizouse encolando planchas e listóns, previamente cortados, axustados e lixados, sobre un tablero de contrachapado. As patas, de roble do país, están unidas co mesado e entre elas mediante ensamblaxes de caixa e espiga feitas con formón.
O mesado inspírase na obra “Composición en rojo, amarillo, azul, blanco y negro” do pintor Piet Mondrian, caracterizada polo estudo dos cores primarias e do branco e negro. A partir de isto, elixíronse as madeiras para simular o mesmo efecto de contraste.
A partir desta mesa de centro, pódese crear toda unha colección de mobles, como unha mesa auxiliar co mesmo mesado, unha mesa de comedor con as súas respectivas cadeiras a xogo, ou un banco de madeira. Tamén se pode extrapolar a outros ámbitos da casa, como a cociña, podendo realizar outra colección que inclúa armarios de especias, despensas e utensilios para a cociña.
É un moble para uso cotiá, dirixido a todo tipo de persoas, pero en especial a xente alta. É unha mesa de centro adecuada para unha sala de estar ou salón.
Materiais: Carballo, cedro e zebrano.
Técnicas: ensambles e marquería.