Material: Noceira e freixo
“Tutilimundi”, era un espectáculo ambulante no que unhas pequenas figuras parecían moverse grazas a un efecto óptico. De aí o nome desta peza, que busca propoñer algo similar, crear un espazo onde un titiriteiro poida albergar “tutti li mondo”, é dicir, calquera espectáculo que estea no seu repertorio. Estamos perante un teatriño portátil, que pechado aparenta unha caixa e que grazas a unha correa de coiro, poderá desprazarse pendurada dun ombreiro. Cando despregamos a tapa, esta serve de fondo, e aparece un caixón, que non só serve de escenario, senón que ademais, ten unha función de almacenaxe para que os titiriteiros garden as súas ferramentas e escenografías. A noceira e o freixo son os protagonistas no deseño de Tutilimundi, os seus beteados e peculiaridades crean un contraste que está en harmonía coas xeometrías simples e o aspecto artesanal presente no moble. Con Tutilimundi damos resposta ás esixencias técnicas do teatro de monicreques, e tamén configurase como un obxecto artístico. Con tutilimundi levamos un teatro ao lombo.