Por en valor a cultura do Ribeiro implica resaltar a súa rica herdanza vitivinícola. Promover as súas tradición e técnicas ancestrais de viticultura, xunto coa calidade excepcional dos seus viños, axuda a preservar a súa identidade única. Fomentar o turismo enolóxico na comarca, non só beneficia ós produtores locais, se non que tamén educa ós visitantes sobre a importancia do patrimonio da zona. Por eso mesmo, este proxecto dun Centro de Interpretación do Patrimonio surxe de querer aportar un gran de area a este crecemento cultural.
Principalmente o espazo vaise dividir en dúas zonas, por un lado a zona privada, aque estaría destinada a almacéns e o traballo dos empregados, e por outro lado as diferentes salas expositivas, unha sala gastronómica, un patio, no que se levarán a cabo actividades relacionadas coa sala gastronómica e unha sala de usos múltiples. Para ter un concepto xeral, este espazo vai albergar en diferentes épocas do ano distintas exposicións relacionadas co Ribeiro. É por elo que para esta época do ano, a que se vai desenvolver para o proxecto vai sera da Feira do Viño. Buscouse que todas as salas tiveran un nexo común en canto a materiais, iluminación e mobiliario, seguindo a mesma liña de deseño.
Na planta baixa, atópanse as duas primeiras salas, na planta primeira a terceira sala, e a sala gastronómica, con apoio nos días soleados do patio, e na última planta a sala multiusos. Dispúxose así de modo que en cada exposición, as duas primeiras salas teñan unha relación en cuanto a historia ou elementos. Na que a terceira sala e a de gastronomía, guarden un nexo común e na que na sala de usos múltiples poida ser usada como conexión de todas elas.