No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ilustración

Chronicles of Magix - An unexpected event

Maiky Peixoto

Ano do proxecto: 

2021

Traballo Fin de Estudos

Winx Club era a miña serie animada cando eu era pequena. lía todos os episodios gravados, coleccionaba as bonecas e tiña un montón de revistas. Despois de anos sen interactuar co fandom, no 2019 anunciouse a temporada 8 da serie cun cambio radical no estilo de debuxo e confirmouse que estaban a facer un Life Action en Netflix da serie.

Todo aquelo pintaba moi mal, e tiña seguro que se alguén ía arruinarme a infancia, prefería ser eu.

Sempre me gustou deseñar personaxes. Todo comezou con redeseños das personaxes principais da serie que pouco a pouco foron expandíndose. A xente empezou a interesarse, e moitos comezaron a preguntarme as razóns de certas decisións artísticas.

Foi entón cando decidín traballar no que en Internet coñécese como AU (Universo Alternativo) e escribir unha historia baseada na orixinal de Winx, coas mesmas personaxes e escenarios, pero expandindo na historia e o worldbuilding. A miña intención era facer un cómic, e ter que facer un traballo final do curso foi o que me deu o empurrón que necesitaba para porme a traballar no primeiro capítulo.

Traballei todo en dixital, utilizando o programa de Clip Studio Paint, o cal ten moitísimas ferramentas para a creación de cómics. Como este cómic sería publicado online na páxina de Tapas.jo, debía ter un formato de lectura vertical alongado. Adaptarse a este formato foi posiblemente unha das causas máis difíciles do proxecto. Despois de iso, todo o proceso foi o dunha ilustración convencional, pulir os bosquexos, liñas e cor.

O 28 de maio publiquei o primeiro capítulo do webcomic, e a día de hoxe ten casi 7. 7mil visitas e algo mais de novecentos subscritores.

Ir á portada de proxectos