No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño editorial

Mi primer libro de diseño

Fernando Guimeráns Ferradás

Ano do proxecto: 

2023

Traballo Fin de Estudos

"Mi primer libro de diseño" é un proxecto editorial que pretende achegar o mundo do deseño aos nenos, xa que o acercamento a este nunha idade temprá pode estimular a creatividade e o pensamento innovador.

Existen libros de arte dedicados á pintura para este público, pero sobre deseño temos que adquirilos noutros idiomas. Por iso, con este volume, a editorial Blackie Books busca aumentar a súa oferta para os máis cativos coa nova Colección patitas, pensada para un público infantil que aínda non sabe ler e precisa axuda.

O proxecto componse dun libro de cartón con ilustracións de diferentes pezas de deseño acompañadas dun breve texto, dende mobles de Eileen Gray ata lámpadas de Isidro Ferrer. Mi primer libro de diseño crea unha lectura divertida e accesible para nenos de todas as idades acompañados de seus pais que disfrutarán compartindo a paixón polo deseño cos máis pequenos.

O libro preséntasae dentro dun packaging que inclúe un póster con adhesivos, xoguetes de madeira dos personaxes e unha manta. Este proxecto supera o deseño cognitivo e a lectura lineal, para centrarse nas experiencias físicas.

Ir á portada de proxectos