Ap 6, 1-8 é un proxecto no que se representa ós catro xinetes do Apocalipsis cá intención de referenciar aos Beatos, así como de recuperar un tema bíblico pouco tratado ao largo de toda a historia da arte. O proxecto tamén nace da fascinación pola simboloxía cristiá, sendo o libro do Apocalipsis o que máis cargado está de imaxes simbólicas.
Houbo duás etapas claras dentro do proceso, unha de investigación e outra de execución da idea. Na primeira etapa se fixo unha lectura e análise do capítulo e versículos aos que fai referencia, o que máis tarde convertiriase no título do proxecto. Nesta etapa analizáronse tanto as cores como os atributos de cada xinete, sendo os elementos narrativos clave da obra. Tamén se fixeron bocetos dos xinetes e máis tarde a disposición deles como conxunto.
A segunda etapa dedicouse á pintura exclusivamente, nela os catro lenzos foron pintados a un mesmo tempo para que non houbera unha desconexión estética entre eles. A técnica utilizada foi o óleo porque é versátil e ten unha marxe de erro maior que outras, tamén porque é na que podía desenvolver mellor o resultado da idea. O resultado final consta de catro lenzos de 120x80cm en formato vertical aínda que a obra é concevida como conxunto, unha obra única.
Ap 6, 1-8 aínda que non é un proxecto de ilustración como tal, foi un bo remate para o ciclo e un bo comezo para o grao en Belas Artes, asi como unha reafirmación na pintura que é ao que realmente me quero dedicar.
Instagram: @mgm_arte_