No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño de Marca

Exiles F.C.

Pablo González Muniz

Ano do proxecto: 

2024

Proxecto Fin de Grao

Este proxecto nace dun interese persoal pola historia do fútbol e de dar a coñecer os inicios deste deporte non só na Galicia, senón tamén a nivel nacional.

O Exiles Football Club, de agora en adiante Exiles F.C., fundouse a finais do século XIX en Vigo por un grupo de traballadores ingleses que se trasladou a Galicia para executar o mantemento do Cable Inglés. A sociedade conformada por persoas procedentes dunha pequena cidade aillada ao sur de Cornualles (Reino Unido) foi unha das primeiras sociedades deportivas creadas no estado español naquela altura. A pesar de que o fútbol era un deporte en auxe en Inglaterra, tratábase dun deporte descoñecido na península Ibérica.

A este grupo de asalariados, que traballaba para a empresa internacional Eastern Telegraph Company Ltd., comezóuselles chamar exiles que en galego significa exiliados. Precisamente é este alcume o que dá nome ao equipo de fútbol, nado ao redor do ano 1876. Aínda que se sabe ben pouco deste clube, crese que é un dos protoclubes que serviron para promover o deporte no país.

Aproveitando o centenario do Real Clube Celta de Vigo (o máis lonxevo da cidade olívica) no presente 2024 e a consecuente interese que espertou na sociedade, sobre todo na máis nova, preténdese dar a coñecer o xerme do fútbol galego a través do rexurdimento do protoclube Exiles F.C., que case dous séculos máis tarde aínda está presente na memoria dalgúns apaixonados do fútbol. Porén, o avellentamento dos poucos que o coñecen provocará a súa perda na memoria colectiva se non se conta a súa historia, se non existe un legado palpable.

Así, un grupo de adeptos máis novos quere tomar o relevo da xeración anterior, que conseguiu transmitir o patrimonio do equipo, malia que sobre todo de forma oral. Estes siareiros buscan revivir o clube a partir de diferentes accións que van dende a promoción do equipo ata a reconfiguración deste pasando por actos nos que se presente: partidos de fútbol, xuntanzas de distinta índole, etc.

A promoción do clube implica o traballo da identidade gráfica considerando que é un dos primeiros clubes do Estado, pero dende a perspectiva do século XXI.

Ir á portada de proxectos