O edificio ubícase na Praza García Barbón de Verín, unha zona de ambiente turístico e ca maior parte do ocio da vila arredor dela, polo que se decide rehabilitar o espazo para convertelo nun local que económicamente sexa factible, unha cocteleira gastrobar.
A idea basease en deseñar o interior dun edifico, con espazos diferenciados pero comunicados entre eles, é dicir, todos poden funcionar xuntos pero cada planta estará enfocada a unha actividade concreta.
Por orden na planta baixa, deseñase unha coctelería, que funcionará cun horario máis amplio e será un espazo no que a función tamén sexa a de espera ou de sobremesa.
Na segunda planta a actividade enfocarase a unhas comidas máis rápidas e lixeiras, concretamente cunha carta de tapas mais que de comidas elaboradas, contando ademais cunha zona específica para actividades de cata de viños, que se relacionan con ese tipo de comida.
Na terceira planta, subimos e ascendemos en canto a nivel de preparación, sendo un espazo dedicado unicamente ao servizo de comidas máis elaboradas e de carta de menús.
Espazos comunicados polo mobiliario e os materiais que farán dun local contres alturas un espazo único.