No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería Artística

Cunco Malla

Esther Pérez Hermo

Ano do proxecto: 

2021

Traballxo Fin de Estudos

Material: Castiñeiro.

MALLA é unha bandexa para aperitivos feita en madeira de castiñeiro. A súa forma é cadrada e consta de catro compartimentos, tamén cadrados, que funcionan como recipientes para diferentes aperitivos. Os laterais foron biselados e os seus bordos inferiores limáronse posteriormente en forma ondulada, sen chegar aos vértices. Deste xeito, parece levantarse sobre catro pés e ao mesmo tempo é lixeiro e ergonómico. Os buracos foron ranurados deixando a textura natural da ferramenta: unha superficie irregular que se funde coa simetría da bandexa e dos seus compartimentos. Como un prado de herba visto a través dunha malla de arame. MALLA é fusión: dende as palabras MAdeira e taLLA que conforman o seu nome, dende a artesanía e o deseño, dende o ancestral e o contemporáneo, dende a beleza e a función... Dous mundos que van da man, como en tantas outras ocasións, a través da cociña.

Ir á portada de proxectos