No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño Gráfico

dygn

Cristina Rei

Ano do proxecto: 

2021

Traballo Fin de Estudos

Este proxecto trata dunha marca de produtos de coidado da pel que busca proporcionar ás/aos usuarias/os unha rutina diaria sinxela con fórmulas veganas e libres de crueldade animal adecuadas para todo tipo de pel.

Tendo en conta a gran competencia que existe no sector, dygn trata de diferenciarse a través dunha imaxe de marca próxima e amigable ao/á consumidor/a, creando un ambiente sereno que se afasta da estética fría e de laboratorio que posúen outras marcas. Para isto, dygn ten como valores ser sinxela, próxima, transparente, natural, inclusiva e contemporánea.

A identidade visual da marca caracterízase por utilizar cores neutros cálidos e pouco saturados que, ademais de reflectir unha sensación de serenidade e proximidade, fan referencia tanto ao natural como ás tonalidades de distintas peles. Ademais, conta cun identificador composto por formas suaves e fluídas que axuda a manter o ambiente tranquilo e amable que persegue a marca en todas as súas aplicacións.

En canto ao packaging, tratouse de reducir ao máximo o uso de plástico nos envases, así como pegamentos ou produtos que poidan dificultar o proceso de reciclaxe destes.

Ir á portada de proxectos