No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño de Interiores

La pecera

Stephanie López Anchisi

Ano do proxecto: 

2022

Proxecto Fin de Estudos

LA PECERA representa a convivencia dos plásticos e dos seres vivos que habitan nos océanos. A través das súas instalacións educativas e de lecer mergullámonos no universo da reutilización do plástico.

Na PECERA desenvólvese un xogo de rol en equipo ou equipos, no que os xogadores terán que resolver, mediante o enxeño e a lóxica, diversos enigmas que lles permitirán escapar do recinto. A súa historia transcorre en escenarios inspirados no océano e nalgúns temas dos Beatles coma "Help" ou "All you need is love"; con salas que amosan a problemática que provocan os residuos plásticos no planeta e pequenas accións que se poden axudar a minimizala. Segundo o tipo de xogo proposto, as salas permiten o seu uso independente ou cambios no circuíto. Nelas a atmosfera pode transformarse grazas aos teitos elevados e á iluminación, creándose ambientes diversos.

Comunicando co exterior, unha pasarela permite acceder ao primeiro nivel, onde se sitúa o principal atractivo, a sala de escape. As comunicacións verticais permiten acceder aos niveis superior e inferior, onde se desenvolven o resto de actividades. As de uso privado como aseos, almacéns ou salas de traballo agrúpanse en dous bloques, mentres que as actividades dirixidas ao público desenvólvense en espazos libres que interactúan co resto do edificio do mesmo xeito que a sala de escape. A través de dobres alturas, miradoiros, chans translúcidos ou acristalamentos, os xogadores poden interactuar co exterior e co resto dos espazos.

Na planta inferior sitúase a cafetería, a terraza e a sala de exposicións. Neste andar, aludindo á reciclaxe de plásticos e no marco da exposición, deséñase un “muro de clasificación”, dispoñible tamén na planta superior, que promove a recollida de envases de plástico para darlles un novo uso. Para os máis curiosos e con ganas de aprender, hai un obradoiro de reciclaxe na planta superior con instalacións que permiten experimentar cos residuos que achegan os usuarios e crear novos obxectos.

Como non podía ser doutro xeito, o plástico reciclado forma parte da proposta, tanto no uso de acabados como no mobiliario, mostrándose as posibilidades estéticas e funcionais que pode aportar este material.

Este proxecto busca transmitir a importancia de reducir os plásticos dun só uso e a súa correcta reciclaxe para darlles unha vida máis longa dun xeito lúdico e didáctico.

Ir á portada de proxectos