O abandono do rural e a migración cara as grandes urbes fai esquecer o noso pasado, os nosos antecesores, as nosas culturas… Unha problemática cada vez máis presente na sociedade actual, preocupante nun mundo mudante abstraído desta situación.
Con este proxecto búscase poñer en valor “Os Pendellos de Agolada”. Un conxunto arquitectónico que data do 1788, pousaderio dunha das feiras más importantes de todo Galicia durante más de douscentos anos.
O obxectivo da proposta é claro, chamar ao coidado do rural convidando a tódalas xeracións ao retorno a ese lugar de partida, do que xa se descoidaron moitos de nós.