No mundo do deseño gráfico, ter un percorrido cultural e de información fai que os teus deseños adquiran tanto significado como estética. O deseñador gráfico ten que estar en constante formación, ben con cursos en liña de melloras en ferramentas e software ou con libros. A pesar de ser unha actuación obrigada para o actual deseñador, a gran maioría da información relativa á tipografía non está adaptada ás novas tecnoloxías; información técnica de fontes en textos sinxelos e seguidos ou, se hai algunha visualización de datos técnicos, é de determinadas fontes.
Por iso é fundamental o uso de aplicacións e o coñecemento das tendencias para non quedar obsoletos no mercado. Así xurdiu o proxecto [fuente(s)], que é a creación dun deseño de interface para unha aplicación de organización, identificación e coñecemento de fontes que conte coa información que lle resulte útil ao deseñador actual no seu día a día.
Complementado cunha proposta visual de identidade de marca, prototipado e publicidade en RR SS.