No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ilustración

Amento Masculino, ágil caballito marino

Esperanza Castro Ishdal

Ano do proxecto: 

2020

Preprodución para desenvolver unha curtametraxe animada. O guión, storyboard, deseño de personaxes e fondos, animática e layout conforman esta fase. Previa á animación, considérase a base imprescindíbel do proxecto animado, ademais da máis creativa.

A cabalo entre o uso de técnicas tradicionais como a acuarela, o gouache e o grafito e aplicacións dixitais como Photoshop e Autodesk. Usando unha estética de debuxo distinta para o fondo e para o personaxe principal tentouse reforzar a diferenza entre o uso dos recursos manuais e dixitais.

Xerando unha historia fantasiosa na que se mestura a función biolóxica do personaxe principal, cabaliño de mar e flor de abeleira ao mesmo tempo, plásmase o interese persoal pola natureza, a animación e o surrealismo. O baile destas flores foi o estímulo para xerar esta obra, que pretende encantar o ollo do que a mira.

Ir á portada de proxectos