No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño Gráfico

SSSS

Zeltia Iglesias Rodríguez

Ano do proxecto: 

2021

Traballo Fin de Estudos

SSSS é unha marca de tatuaxes artístico-conceptuais baseada na experimentación tipográfica e inspirada no facer manual da técnica handpoke.

O obxectivo do proxecto é repensar as regras convencionais da tipografía e da linguaxe co fin de aproveitar todas as súas posibilidades expresivas tanto a nivel formal e compositivo como no relativo ó significado das palabras e á influencia do corpo como contexto. Trátase dun proceso experimental no que se produce un achegamento entre o deseño gráfico e a creación artística e conceptual.

SSSS consiste no desenvolvemento dun estilo de tatuaxe propio e orixinal, estreitamente ligado á realidade galega a nivel temático, e apoiado por unha identidade corporativa de aspecto sinxelo e mecánico, inspirada nas características propias da técnica handpoke.

O proxecto inclúe un flashbook, un deseño orixinal mecanografado, tarxetas de visita, manual de identidade corporativa, mandil e camiseta de traballo. Combínanse diferentes tipos de materiais de aspecto natural e orgánico, así como impresións con técnicas dixitais e manuais. O flashbook e as tarxetas de visita inclúen un perforado manual con agulla de tatuar 03RL.

Ir á portada de proxectos