No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ilustración

Carmilla. La condesa de Karnstein

Itziar Couce Rodríguez

Ano do proxecto: 

2022

Proxecto Integrado

“Carmilla. La condesa de Karnstein” é unha adaptación libre e ilustrada do clásico conto de terror “Carmilla” escrito polo autor Joseph Sheridan Lefanu no ano 1872.

“Carmilla” é coñecido no imaxinario literario por ser o primeiro relato de vampiros que se escribiu na historia. Foi un conto tanto controvertido como innovador xa que máis aló de ser un conto con tódalas características típicas da novela gótica, tamén é unha historia sobre dúas mozas que se namoran no medio dunha morea de sucesos estraños.

O formato final escollido para o proxecto foi o de álbum ilustrado, dando como resultado un libro de 20x30 cm (aberto) composto por 14 pregos máis as cubertas.

Para as ilustracións buscouse un estilo realista e figurativo, inspirado no traballo de ilustradores como Santiago Caruso e Ana Juan, dando como resultado composicións oscuras, sinistras e cheas de detalles. En canto á técnica, tódalas ilustracións fixéronse de forma tradicional a tinta china negra nun papel especial para grabado 100% algodón, cun proceso posterior de postprodución e retoque dixital para corrixir luces e sombras, engadir o texto e algún detalles e facer todo o deseño gráfico e a maquetación.

Ir á portada de proxectos