No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño Gráfico

Keyframe

Ada González

Ano do proxecto: 

2022

Proxecto Fin de Estudos

Keyframe é un xogo de mesa de cinema español que busca por en valor e visibilizar o lugar e a importancia do sector audiovisual, e a protección e movemento que este merece e necesita dentro e fóra do país.

Composto por cinco mazos de cincuenta cartas cada un, dous taboleiros, dous dados, e diferentes bonificacións busca mergullar ao xogador dentro da sétima arte guiándose por un percorrido dentro da historia do cinema, as producións máis relevantes, eventos históricos, etc., do mesmo xeito que dar a coñecer oficios invisibles e pequenos realizadores dentro do sector, dunha forma relaxada e lúdica, para deste xeito ampliar e afianzar os coñecementos do xogador dentro do sector audiovisual español, e fomentar o consumo do mesmo.

O proxecto busca ademais achegar certo valor estético e diferenciador entre os demais xogos que se poden atopar no mercado, cunha liña e un packaging moi diferente ao convencional, e tendo moi presente o uso da cor e as constantes referencias ao cinema e os seus formatos.

Ir á portada de proxectos