Material: Freixo.
No interior das vivendas a presenza de novos aparellos tecnolóxicos van requirindo mobles que se adapten a estas necesidades. IV nace con esa idea, unha pequena mesa auxiliar, que satisfaga a colocación dun destes aparellos na proximidade dun lugar de descanso: un sofá, un butacón, unha cadeira de brazos. A madeira de freixo é a base construtiva.
Das súas cualidades aproveitamos a cor clara para que non a converta nun elemento destacable dentro da estancia, as vetas sinalan liñas de movemento que empregamos para marcar o sentido das superficies de patas e mesados, e facemos os encontros con ensambles para dan unidade ao conxunto. Nesta peza imos empregar diferentes referencias construtivas, que integraramos. As patas, moi estilizadas, parten dun concepto en estípite; no que modificamos, no par anterior, a ortogonalidade do centro e nas posteriores, a inclinación, así temos máis apoio do mesado que voa. Este último é o compoñente máis notable, groso, rotundo. Remata na parte posterior nunha superficie curva e na anterior nun bispel que se continúa na fronte dun caixón no que leva un traballo manual de textura con gubia. O caixón, de pequeno tamaño e practicamente oculto baixo o mesado, non ten unha funcionalidade clara de almacenamento, é un lugar no que se ten a man instrumental para os aparellos tecnolóxicos.
IV é un nome no que conflúe a forma en perfil da mesa en representación romana e as continuas referencias matemáticas ao número 4 nas dimensións da mesa.