"Gli occhi prima di mia madre” é a reinterpretación dunha historia. A historia dunha familia e tamén dunha casa que se transformou para crear un espazo novo e máis amplo que habitar. Unha historia da vida cotiá e dos ollos dun neno que agora xa é un home.
Ordenar e clasificar o arquivo familiar. Unha investigación entre unha avalancha de álbums de cores. Desde que era pequeno pensaba que o mundo se limitaba ao meu barrio. As árbores do barrio axudábanme a atopar os límites dese pequeno mundo. Lembrei isto cando empecei a seleccionar fotografías por lugares. Imaxe tras imaxe atopei recordos, pensamentos e camiños que cría esquecer.
Os personaxes desta historia son a miña familia. Unha familia desaliñada, desganada e desordenada que podería esconderse tras a historia de calquera de nós. As composicións fotográficas tentan crear un diálogo entre quen a forma, un diálogo forzado e longamente desexado. E a través destas novas imaxes xurdiu outro álbum familiar feito de trastornos e reconquistas, de turbulencias e perdas.
Un gran número de fotografías permitiume crear diferentes composicións pero, de súpeto, deime conta de que ese arquivo que parecía infinito, con todo tiña un final. O presente da miña nai abraza o meu presente coas ideas e intencións propias da persoa que son hoxe. Atopar o valor para quitarme as mans das orellas, como non facía de neno, foi o inicio dun fermoso diálogo. Atopar a forza para asir un novo presente.
As fotografías non poden lerse só cos ollos. Deime conta agora con este proxecto.
Emanuele Binetti
emanuele-b@hotmail.com
Tf.: +39 327 616 8217