Un álbum non tan familiar é un proxecto fotográfico co que se pretende expandir a conciencia visual do espectador, reflexionando sobre a nosa concepción do mundo no que vivimos coma unha construción mental, suxeita ás nosas experiencias persoáis e vivencias e, polo tanto, plantexar a nosa realidade coma unha interpretación subxetiva da cal non temos unha verdade absoluta.
Partindo dunha selección de elementos cotiáns asociados aos recordos no ámbito familiar, a autora presenta unha serie de abstraccións descontextualizando e desfuncionalizando estes obxectos. Deste xeito, búscase evocar novas realidades, disociando por completo o obxecto seleccionado do recordo ou idea á que estaba unido.
Paula García Pleguezuelo