No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Fotografía

Romarías

Rocío Rivas Martínez

Ano do proxecto: 

2021

Proxecto Integrado

“Romarías” é unha foto reportaxe que trata sobre as persoas que acoden ás celebracións populares relixiosas galegas a través dunha visión persoal e subxectiva. É un proxecto autobiográfico dado que nacín e crecín dentro deste entorno e participei durante toda a miña infancia e parte da adolescencia, construíndo así un retrato da cultura na que vivimos. De este modo, o proxecto adquire un aire intimista xa que fala da miña relación cos tipos de cultos e crenzas que aquí existen.

Galicia é un pobo que continúa moi unido ó pasado, nas súas festas e na súa gastronomía. Ser unha comunidade pouco urbanizada e cunha paisaxe exuberante que esperta a imaxinación, propicia que se mantivesen moitos costumes, crenzas e supersticións populares.

Rosalía de Castro exaltou a súa terra co admirativo “¡Galicia meiga!” e é que esta é unha rexión envolta en crenzas e cultos dispares. Os celtas adoraban os elementos da natureza, os cristiáns impuxeron a súa devoción, os curandeiros e meigas mantiveron o coñecemento popular e todos eles misturáronse ata crear unha fusión que pervive con gran arraigamento no imaxinario galego.

Debido ao conxunto de todas estas crenzas e culto á relixiosidade nace este proxecto como sentimento desapegado cara a parte tradicional das costumes galegas, xa que existe un protocolo aprendido ao longo dos anos que se demostra na maneira de vivir e comportarse, e que, de non facelo así, parece que esteas fóra do apropiado.

O traballo desenvolveuse durante as festas populares de Santa Marta de Ribarteme en As Neves, na procesión en barco da Virxe do Carme en Cesantes, Santa María de Reboreda en Redondela e San Benito de Lérez en Pontevedra.

Rocío Rivas Martínez

rociorivas86@gmail.com

Ir á portada de proxectos