No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño de Interiores

Espacio Cultural Fotográfico

Jessica Nimo Ribao

Ano do proxecto: 

2022

Proxecto Fin de Estudos

O ESPACIO CULTURAL FOTOGRÁFICO  é un centro para a realización de fotografías e exposición destas, destinado ao público xeral, instagramers, autónomos ou fotógrafos profesionais. Un espazo onde atoparán diferentes platós e ambientacións onde realizar fotografías de promoción, fotografías de venta ou fotografías para as súas redes sociais ou os seus books personais. Ademais, o centro inclúe espazos de exposición para dar visibilidade a traballos de fotógrafos ou artistas locais, e espazos formativos para diversos obradoiros.

O proxecto lévase a cabo na capela desacralizada dos Franciscanos, unha capela construída en 1704 para acoller a Venerable Orde Terceira dos franciscanos, mercada polo concello de Ourense en 1999 e convertida en albergue municipal.

A intervención desenvólvese mantendo coma premisa un respecto constante ao edificio, permitindo que todo  o proxecto fora reversible practicamente na súa totalidade. Créase unha estrutura totalmente independente da capela, que fai posible conservar unha visión global da edificación envolvente.

As intencións de partida céntranse en resolver as necesidades da actividade coa funcionalidade do espazo. Para isto, búscase a configuración de espazos flexibles, dinámicos e adaptables ao uso fotográfico co contraste de espazos delimitados ou máis ríxidos para o resto de actividades.

Ir á portada de proxectos